Cineuropa 2020 - Palabras para un fin del mundo

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2020 - Palabras para un fin del mundo

No nacemento da Segunda República, Miguel de Unamuno é considerado unha das pedras fundacionais do novo réxime. É proposto mesmo para presidir a República. Só 5 anos máis tarde, Unamuno será enterrado. Con honras falanxistas. Palabras para un fin do mundo é unha minuciosa, prolongada e decisiva investigación. Novas probas e documentos inéditos verán a luz 84 anos despois para coñecer, por fin con rigor histórico, as palabras e os feitos protagonizados por Unamuno e Millán-Astray aquel 12 de outubro de 1936. Mostrará ademais, e quedará probado, como a propaganda conseguiu, ata o propio día da súa morte, explotar a figura de Unamuno na orquestración dunha das primeiras e máis elaboradas ‘fake news’ de toda a nosa Historia.

  • Título orixinal: Palabras para un fin del mundo
  • Ano: 2020
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Manuel Menchón
  • Guión: Manuel Menchón
  • Participación: Antonio de la Torre, José Sacristán, Marian Álvarez, Víctor Clavijo, Andrés Gertrúdix, Miguel Cubero, Vicente León, Ramón Mayrata
  • Montaxe: Renato Sanjuán
  • Fotografía: Javier Calvo
  • Produtora: Pantalla Partida Producciones, Imagine! Factory Films, Televisión Española (TVE)