Cineuropa 2020 - El prófugo

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2020 - El prófugo

Inés é unha muller que, tras un episodio traumático durante unha viaxe coa súa parella, comeza a confundir os límites entre o real e o imaxinario. Vivos pesadelos e sons recorrentes invaden a vida cotiá que leva xunto a súa nai, ata que ensaiando para un concerto coñece a Alberto, un mozo que se acomoda sen dubidalo ao seu mundo. Pero Inés non pode evitar unha sensación perigosa: os personaxes que poboan os seus soños intentan apoderarse do seu corpo.

  • Título orixinal: El prófugo
  • Ano: 2020
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Natalia Meta
  • Guión: Natalia Meta
  • Elenco: Érica Rivas, Nahuel Pérez Biscayart, Cecilia Roth, Daniel Hendler
  • Montaxe: Eliane Katz
  • Fotografía: Bárbara Álvarez, Leonel D’Agostino
Berlinale 2020 (Sección Oficial)