Cineuropa 2020 - The Trouble with Being Born

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2020 - The Trouble with Being Born

Elli é unha androide e vive cun home ao que chama pai. É quen de rememorar vacacións e calquera cousa que el programe para que ela lembre. Deseñada para asemellarse a unha das súas lembranzas, realmente parece estar viva, ás veces mesmo parece soñar, e con todo non deixa de ser unha máquina, un contedor para as lembranzas que son todo para el e nada para ela. Esas evocacións parecen dominala, de feito chegaron a ter vida propia. Unha noite ela intérnase no bosque seguindo un eco evanescente. Pérdese entre as matogueiras ata que é atopada e levada para casa por unha persoa que lle proporciona novas lembranzas e unha nova identidade. Esta é a historia dunha máquina e das pantasmas que todos levamos no noso interior.

  • Título orixinal: The Trouble with Being Born
  • Ano: 2020
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Sandra Wollner
  • Guión: Sandra Wollner, Roderick Warich
  • Elenco: Lena Watson, Dominik Warta, Ingrid Burkhard, Jana McKinnon
  • Montaxe: Hannes Brunn
  • Fotografía: Timm Kroger