Cocote

  • DCP2K
  • VO

Cocote

O xardineiro dunha gran mansión urbana da República Dominicana recibe a noticia da morte de seu pai. Tras pedir permiso aos señores da casa para poder ausentarse durante a fin de semana, viaxa ao seu pobo natal para descubrir que, o que pensaba que sería un enterro tradicional e sinxelo, converteuse nunha esixencia de vinganza familiar. Como un Hamlet heterodoxo, verase envolto nun remuíño cultural, psicolóxico e familiar no que a (in)xustiza, a tradición, a honra e a brutalidade policial, o arrastrarán alén da súa vontade e os seus valores.

Premio NUMAX Exhibición na Muestra Internacional de Cine de Lanzarote 2017.

  • Título orixinal: Cocote
  • Ano: 2017
  • Duración: 106 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Nelson Carlo de los Santos Arias
  • Guión: Nelson Carlo de los Santos Arias
  • Elenco: Vicente Santos, Yudith Rodríguez, Yuberbi de la Rosa, Isabel Spencer, José Miguel Cruz, Enerolisa Núñez, Pepe Sierra
  • Montaxe: Nelson Carlo de Los Santos Arias
  • Dirección de arte: Natalia Aponte
  • Vestiario: Carlo Herrera, Thelma Vanahí
  • Son: Nahuel Palenque
  • Fotografía: Roman Kasseroller
  • Produtora: Guasábara Cine (República Dominicana), Nabis Filmgroup (Arxentina), Pandora Filmproduktion (Alemaña)
  • Distribuidora: Luxbox
Lanzarote 2017 (Premio NUMAX), Locarno 2017 (Premio Signs of Life), Mar del Plata 2017 (Mellor filme latinoamericano ex aequo, Premio FEISAL), Lisboa & Estoril Film Festival 2017 (Premio especial do xurado), Donostia 2017 (Horizontes Latinos)