Cineuropa 2019 - Cold Case Hammarskjöld

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2019 - Cold Case Hammarskjöld

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

En 1961, o secretario xeral das Nacións Unidas, o sueco Dag Hammarskjöld, morreu nun misterioso accidente de avión en Ndola, Zambia. Vestido como un auténtico explorador e lucindo un casco de safari, o director Mads Brügger convértese en investigador para descubrir a verdade sobre aquela estraña morte. Entre teorías conspiratorias e segredos, o cineasta e o investigador afeccionado Göran Björkdahl están decididos a atopar novas pistas sobre que causou aquel fatídico accidente aéreo. Coa imaxe de si mesmos como homes coloniais que ocupan o continente africano, esta investigación criminal levaraos a atopar e descubrir novas e desconcertantes pegadas do colonialismo: crimes moito peores dos que poderían imaxinar.

  • Título orixinal: Cold Case Hammarskjöld
  • Ano: 2019
  • Duración: 128 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés, francés, bemba, sueco e danés
  • Dirección: Mads Brügger
  • Guión: Mads Brügger
  • Participación: Mads Brügger, Göran Björkdahl, Dag Hammarskjöld
  • Montaxe: Nicolás Nørgaard Staffolani
  • Música: John Erik Kaada
  • Distribuidora: Magnolia Pictures
Mellor Dirección Documental Sundance 2019