Costa da Morte
- Os ollos verdes
- DCP2K
- Todos os públicos
- VO
Costa da Morte
- Os ollos verdes
- DCP2K
- Todos os públicos
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta zona de rochas, néboas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan. Somos testemuñas do traballo que realizan, que lles leva a manter, ao tempo, unha relación íntima e unha batalla coa inmensidade do entorno natural. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unidade xunto ao home, a historia e o mito.
- Título orixinal: Costa da Morte
- Ano: 2013
- Duración: 83 minutos
- Dirección: Lois Patiño
- Participación: Carla Andrade
- Montaxe: Lois Patiño, Pablo Gil Rituerto
- Son: Miguel Calvo "Maiki" y Erik T. Jensen
- Música: Ann Deveria
- Fotografía: Lois Patiño
- Produtora: Zeitun Films
Festival de Locarno: Mellor director emerxente (Cineasta do presente) (Suíza) 2013; Jeonju IFF: Best Picture Award (Corea do Sur) 2014; FICUNAM: Puma de prata á Mellor Película (México) 2014; Festival dei Popoli: Premio do Público + Mención especial do xurado (Italia) 2013 ; Festival de Valdivia: Mención especial do xurado (Chile) 2013; Festival Internacional de Uruguai: Mellor película iberoamericana + Premio Fipresci á mellor película iberoamericana, (Uruguai) 2014; Cosquín IFF: Mención especial do xurado, (Arxentina) 2014; World Premieres Filme Festival: Cinema Verde Award for Best Environmental Feature. (Filipinas) 2014; Bienal de cinema español de Annecy: Mención de honra do xurado. (Francia) 2014; Premio especial Feroz (España) 2015; Festival Europeo de Sevilla: Mellor película Novas Ondas-NonFicción + Mención especial do xurado Novas Ondas (España) 2013; REC Tarragona: Mención especial do Xurado Mozo (España) 2013; Play-Doc: Mellor película internacional, Tui (España) 2014; Premio da Crítica de Galicia (España); Mestre Mateo: Premio ao mellor documental, A Coruña (España) 2014.