
Crónica dun verán
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Crónica dun verán
- 10/10: As espectadoras presentan
- Repertorio
- DCP2K
París, verán de 1960. O antropólogo e cineasta Jean Rouch, acompañado polo sociólogo e crítico de cinema Edgar Morin, e asistidos por Marceline Loridan e Nadine Ballot, deambulan polas rúas abarrotadas preguntando á xente común e corrente como afrontar as desgrazas da vida. Es feliz? Pero o seu verdadeiro propósito é investigar se as persoas normais poden falar sinceramente fronte unha cámara e como reaccionan cando se lles invita a analizar o significado das súas respostas.
O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programador e presentador das sesións é Julio Vilariño.
- Título orixinal: Chronique d'un été
- Ano: 1961
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jean Rouch, Edgar Morin
- Guión: Jean Rouch, Edgar Morin
- Montaxe: Néna Baratier, Françoise Collin, Jean Rave
- Son: Edmond Barthélémy, Michel Fano, Jean Nény, Guy Rophé
- Música: Michel Fano
- Fotografía: Roger Morillère, Raoul Coutard, Jean-Jacques Tarbes, Michel Brault
- Produtora: Argos Films
- Distribuidora: Proserpa


