Cru

  • Estrea
  • DCP2K
  • +18
  • Francés

Cru

  • Estrea
  • DCP2K
  • +18

Justine, unha rapaza de 16 anos, vive nunha familia onde todos son veterinarios e vexetarianos. É unha estudante brillante e prometedora, pero ao ingresar na facultade de veterinaria descobre un mundo decadente, despiadado e perigosamente sedutor. Durante a primeira semana, obsesionada por encaixar cos seus compañeiros de aulas, afástase dos principios que lle inculcou a súa familia e come carne crúa por primeira vez. As consecuencias non tardan en chegar, e a moza empezará a desvelar a súa verdadeira natureza.

  • Título orixinal: Grave
  • Ano: 2016
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Julia Ducournau
  • Guión: Julia Ducournau
  • Elenco: Garance Marillier, Ella Rumpf, Rabah Nait Oufella, Laurent Lucas, Bouli Lanners, Joana Preiss, Marion Vernoux, Denis Mpunga, Jean-Louis Sbille
  • Montaxe: Jean-Christophe Bouzy
  • Dirección de arte: Laurie Colson
  • Vestiario: Elise Ancion
  • Son: Mathieu Descamps
  • Música: Jim Williams
  • Fotografía: Ruben Impens
  • Produtora: Petit Film, Rouge International (Francia), Frakas Productions (Bélxica)
  • Distribuidora: Universal
Cannes 2016 (Premio FIPRESCI da Semana da Crítica), Sitges 2016 (Mellor filme, directora revelación e filme europeo), Toronto 2016 (sección oficial), Londres 2016 (mellor opera prima), Austin 2016 (mellor dirección), Ghent 2016 (Premio Explora), Monster Fest (mellor longametraxe, premio do xurado)