Curtametraxes Buster Keaton: Veciños + O grande espectáculo + O espantallo
- Repertorio
- DCP2K
- +4
- VOSE
Curtametraxes Buster Keaton: Veciños + O grande espectáculo + O espantallo
- Petís NUMAX
- Repertorio
- DCP2K
- +4
Domingo 11 e 25 de outubro | 59 min
Veciños
Neighbors | Buster Keaton | 1920 | 18 min
As propiedades de dúas familias están separadas por unha feble cerca. A través dun buratiño da mesma, Buster Keaton, fillo menor dunha familia, e unha moza filla da outra familia, intercambian mensaxes de amor. Isto vai dar pé a equívocos sobre quen ama a quen. É só o comezo dunha chea de leas nas que se mete Keaton, sempre coa súa eterna cara de pau.
O grande espectáculo
The Playhouse | Buster Keaton | 1921 | 22 min
Buster Keaton ten un soño no que é o director e intérprete de todos os instrumentos dunha mesma orquestra. Ao acordar descubrimos que traballa na tremoia dun teatro onde coñece a dúas irmás xemelgas, namora dunha deles e desencadea unha gran confusión.
O espantallo
The Scarecrow | Buster Keaton | 1921 | 19 min
Os xornaleiros Keaton e Roberts comparten unha casiña de campo chea de enxeños mecánicos que lles fan a vida máis doada. Ambos rivalizan polo amor da filla do granxeiro. Keaton, disfrazado de espantallo causará todo tipo de problemas ao seu rival e ao do granxeiro.
- Título orixinal: Neighbors + The Playhouse + The Scarecrow
- Ano: 1921
- Duración: 59 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Buster Keaton