Mosaic / Hybrid / R-34 / Circle

  • 16 mm.
  • VO

Mosaic / Hybrid / R-34 / Circle

  • 16 mm.

Mosaic / Mosaico

Canadá | 1965 | 9’ | 16mm | BeN | Son

«Foi no verán de 1964 cando fixen o meu primeiro filme, Mosaic. Rodei literalmente millas de película porque tamén estaba aprendendo a empregar a cámara. Finalmente o filme durou 9 minutos.» (Jack Chambers).

Hybrid / Híbrido

Canadá | 1966 | 15’ | 16mm | Cor | Muda

«A guerra do Vietnam foi moi triste para min: non estaba de acordo coa presenza de Estados Unidos en Vietnam. Pensei que un filme que mostrara algúns dos aspectos tráxicos da guerra serviría como unha ferramenta útil para recadar fondos» (Jack Chambers).

R-34

Canadá |1967 | 26’ | 16mm | Cor | Son

«Non lembro moito da rodaxe de R34 salvo que me decatei de que Jack nos estaba a filmar a min e mais á miña muller, Sheila, e que editaba esas imaxes para convertelas en algo propio. O proceso non foi invasivo, como adoita acontecer. R34 era o nome do primeiro aeroplano que cruzou o Atlántico sen parar. Eu xa o metera na pintura que se ve no filme (parte do mural encargado polo Aeroporto Dorval de Montreal)». (Greg Curnoe)

Circle / Círculo

Canadá | 1969 | 28’ | 16mm | Cor | Son

«Algo pode ser tan familiar que o vexo como se fose a primeira vez. Ou, tal vez, se un non dá visto especialmente aquilo que lle é máis familiar, daquela cólleo e moldéao unha e outra vez coa esperanza de revelalo». (Jack Chambers)

  • Título orixinal: Mosaic / Hybrid / R-34 / Circle
  • Ano: 1965
  • Duración: 78 minutos
  • Dirección: Jack Chambers
  • Guión: Jack Chambers
  • Montaxe: Jack Chambers
  • Fotografía: Jack Chambers
  • Distribuidora: Canadian Filmmakers Distribution Centre