Curtas galegas

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Curtas galegas

ALGO NOVO QUE CONTAR
Paula Pereira | 20 min | Galego | Ficción
Con Lidia Veiga, Grial Montes, Elsa García, Manu Estévez, Alixa Ladson
Xoana pasa o verán acompañada das súas amigas, entre as que está Emma, con quen mantén un romance secreto. Aínda virxe e presa das súas propias inseguridades, Xoana sente que debe dar o paso, pero o medo a decepcionar ou a non estar á altura, paralízaa.

CIUDÁ DE LADRILLO
Carlota Álvarez | 11 min | Galego | Documental
Con Teresa González, Erundina González, Maruja Vázquez, Peregrina Fernández
Un retrato íntimo da memoria e do esquecemento nunha aldea do interior de Galicia. A directora regresa a Pieles, na parroquia de Oseira, para reencontrarse co pasado familiar e coas poucas veciñas que aínda lembran o tempo en que máis dunha vintena de familias labregas habitaban o lugar. A través das súas voces e de materiais de arquivo, a curta reconstrúe unha historia colectiva marcada polo despoboamento e pola resistencia da memoria rural.

DANZA PROPIA
Andrea Zapata-Girau | 12 min | Galego | Documental
A partir das reflexións da antropóloga finlandesa Taina Kinnunen sobre as “biografías do tacto”, a directora explora como as experiencias táctiles moldean as relacións humanas e culturais. No Chanfaina Lab atopou a oportunidade de recoller estes relatos en San Sadurniño, centrados en mulleres con profesións que implican contacto físico e emocional. A través de Pilar Rodríguez, reflexóloga, e Rosa Carballo, avoa e muller de gran forza vital, a cineasta reflexiona sobre o material humano, a familia e o ancestral.

PURA
Carmen Méndez | 25 min | Galego | Documental
Unha muller volve á casa para lembrar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e coas lembranzas.

  • Título orixinal: Curtas galegas
  • Ano: 2025
  • Duración: 68 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Paula Pereira, Carlota Álvarez, Andrea Zapata-Girau, Carmen Méndez