Curtas galegas candidatas aos Goya

  • Estrea
  • VO

Curtas galegas candidatas aos Goya

  • Estrea

NON TE VEXO
Xacio Baño | 2023 | 13 min | DOC
Ensaio fílmico sobre a imaxe negada. A elección das fotografías xera un relato para contarnos.Que contan as imaxes descartadas? Que instantáneas consideramos imprecisas, defectuosas? Cal é a historia que eliminamos do noso relato vital? Que atopamos neses descartes?

MOTHERTRUCKERS
Paula Romero | 2022 | 15 min | DOC
Mentres a crise do transporte crece no Reino Unido, Lisa, camioneira e escritora, soña con escapar da realidade. A cabina do seu camión e a constante viaxe por estrada daranlle acceso a unha imaxinación fóra deste mundo.

TEGOYO
Guillermo de Oliveira | 2023 | 7 min | DOC
En 1968 o lendario cineasta alemán Werner Herzog rodou a súa película ‘Tamén os ananos empezaron pequenos’ na illa de Lanzarote. Máis de medio século despois un peculiar científico tentará recuperar sons do pasado.

ULISES
Félix Brixel | 2023 | 24 min | FIC
Ulises, que sofre un acusado trastorno psicomotor, é coidado polo seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo.

A RABIA
Alberto Díaz López | 2022 | 16 min | FIC
A vida de Filomena esta tinguida de pobreza e unha triste sombra de calamidade e tormento. Os terribles acontecementos da súa infancia, nunha aldea galega de finais do século XIX, marcarán o carácter da súa existencia. A pesar de todo, terá oportunidade de cambiar o seu destino?

  • Título orixinal: Curtas galegas candidatas aos Goya
  • Ano: 2023
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Galego