Panorama Curtas Galegas 3

  • Estrea
  • VO

Panorama Curtas Galegas 3

12 de maio de 1937
Mar Caldas | 2024 | 28 min | DOC
O meu avó, Xosé Caldas, sindicalista e concelleiro socialista, foi fusilado en Vigo o 12 de maio de 1937 durante a Guerra Civil. Os fíos condutores desta historia de perda e violencia son a miña voz en off e mais as fotografías do álbum familiar e do estudio Pacheco. Pasado e presente, a historia  familiar e a historia colectiva, a memoria transxeneracional e a historia social entrecrúzanse nun relato que demanda xustiza e no que a ollada feminista é persistente.
Premio do Público na MICE 2024

A morte do último alcalde franquista
Andrew Finkelman, Lola Sounigo | 2024 | 5 min | DOC
Un ensaio visual que ten lugar no enterro de Senén Pousa Soto, un alcalde designado por Franco que exerceu o cargo ata o 2023 na aldea de Beade, de 300 habitantes. Xustapoñendo o "Pacto do Esquecemento" de España coas celebracións públicas de Soto durante a ditadura, o filme contempla a memoria histórica e o esquecemento como ferramentas de transición.

Aínda hoxe as horas
Mirian Opazo | 2024 | 10 min | DOC
Aínda hoxe as horas é unha peza sinxela, pequeniña, que sae do burato do peito polo que debemos deixar escapar a negrura cando nos asolaga os pulmóns. Este filme é unha carta de amor. O amor e a morte son indelebles, coma o granito eterno do alto do Forgoselo.

Ruovesi
Andrea Zapata-Girau | 2024 | 19 min | DOC
Cecilia, supervivente da represión militar chilena, atópase agora exiliada na remota Finlandia. A súa neta Aava convértese nun faro de esperanza para ela e ofrécelle un novo espazo no que afrontar e aliviar a súa complexa loita interior, que entrelaza a política co desarraigamento xeográfico e familiar. Esta relación interxeracional entre Cecilia e Aava permite que ambas as dúas busquen un equilibrio entre o pasado de sufrimento e as posibilidades de reconstrución da vida nun contexto diferente, explorando as dinámicas do exilio e da busca da identidade.
Mellor Fotografía Cans 2024
Premio do Xurado Intersección 2024

  • Título orixinal: Panorama Curtas Galegas 3
  • Ano: 2024
  • Duración: 59 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Mar Caldas, Andrew Finkelman, Lola Sounigo, Mirian Opazo, Andrea Zapata-Girau