Curtametraxes Jocelyne Saab
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Curtametraxes Jocelyne Saab
- Repertorio
- DCP2K
Escolma de curtametraxes de Jocelyne Saab, cineasta e xornalista libanesa que durante 40 anos filmou persoas e pobos desprazados, no exilio ou en guerra, cunha especial vinculación coa resistencia palestina. Nese contexto foron filmadas as pezas seleccionadas para a sesión:
As mulleres palestinas
Les femmes palestiniennes | 1974 | 11 min | Francia | VOSG
Mulleres palestinas, as vítimas decote esquecidas, cobran voz grazas a esta curtametraxe de Jocelyne Saab, un encargo da televisión pública francesa que nunca se chegou a emitir.
Os nenos da guerra
Les enfants de la guerre | 1976 | 10 min | Francia | VOSE
Días despois da masacre de Karantina, barrio pobre de Beirut, a cineasta encóntrase con crianzas superviventes ás que anima a debuxar e xogar diante da cámara. A directora comproba que estes nenos e nenas xa non coñecen outro xogo que o da guerra.
O barco do exilio
Le bateau de l'exil | 1982 | 15 min | Líbano | VOSG
Tras vivir clandestinamente en Beirut para fuxir das forzas israelíes, Yaser Arafat, abandona Líbano a bordo do Atlantis para emprender un novo exilio. Saab foi a única xornalista con cámara admitida no barco, filmando o dirixente palestino falando do futuro da OLP, do pobo palestino e do seu propio destino.
Beirut, a miña cidade
Beyrouth, ma ville | 1983 | 38 min | Líbano | VOSE
En xullo de 1982, o exército israelí sitiou Beirut. Catro días antes, Jocelyne Saab ve como queiman a súa casa, ardendo con ela 150 anos de existencia familiar.
A sesión está organizada en colaboración coa Association Jocelyne Saab e conta coa colaboración no subtitulado do Cineclube de Pontevedra, o Cineclube de Compostela e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
- Título orixinal: Curtametraxes Jocelyne Saab
- Ano: 1974
- Duración: 75 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jocelyne Saab
- Produtora: Aleph Production
- Distribuidora: Association Jocelyne Saab