Cando o son é a imaxe
- Estrea
- VO
Cando o son é a imaxe
- Curtocircuíto 2017
- Estrea
VENRES 6 DE OUTUBRO | 20:00 | 75 min
CANDO O SON É A IMAXE
Arnulf Rainer
Peter Kubelka | 1960 | Austria | 06:46 | EXP | B/N
Un corto experimental de Peter Kubelka no que a película titila entre períodos de luz e son.
Time Piece
Anaco de tempo
Jin Henson | 1965 | EEUU | 09:00 | FIC | COL
Unha onda de conciencia surrealista sobre o tempo e outras cousas estrañas relacionadas.
Dresden Dynamo
Lis Rhodes | 1971 | Reino Unido | 05:06 | EXP | COL
Quizais foi a cuestión do son, a incerteza de que non houbese ningunha sincronía entre o que se ve o que se di, o que fixo comezar a investigación sobre a relación entre imaxe e son. Dresden Dynamo é unha curta que fixen sen cámara, na que a imaxe é a banda sonora e a banda sonora é a imaxe.
Synchromy
Norman McLaren | 1971 | Canadá | 07:29 | EXP | COL
Quizais foi a cuestión do son, a incerteza de que non houbese ningunha sincronía entre o que se ve o que se di, o que fixo comezar a investigación sobre a relación entre imaxe e son. Dresden Dynamo é unha curta que fixen sen cámara, na que a imaxe é a banda sonora e a banda sonora é a imaxe.
UFOs
Lilian F. Schwartz | 1971 | EEUU | 03:03 | EXP | COL
Lanzándonos a unha abstracción visual cósmica, o recentemente restaurado UFOs da artista informática pioneira Lillian Schwartz, é unha proeza cinética cuxa innovadora pigmentación de píxeles antedatou avances na tecnoloxía estereoscópica durante décadas.
10 Drawings
10 debuxos
Seteve Farrer | 1976 | EEUU | 20:20 | EXP | COL
Colección de dez curtas. Para cada unhas delas, estendéronse unhas tiras de película virxe cun tamaño de 50 x 18”, unhas ao lado das outras, formando un rectángulo de 18 x 36’. En cada rectángulo, debuxouse unha forma xeométrica de maneira que as tiras de celuloide uníronse para facer unha película. O son xorde a partires da imaxe, ao pasar pola pista de son óptico.
Outer Space
Espazo exterior
Peter Tscherkassky | 1999 | Austria | 09:58 | EXP | B/N
O presaxio dunha película de terror, un perigo oculto. De noite, unha casa, lixeiramente inclinada desde a perspectiva da cámara e sinistramente iluminada, xorde da escuridade total e volve sumirse nela. Unha moza comeza a moverse lentamente cara o edificio.
Dialogue
Diálogo
Judith Poirier | 2008 | Canadá | 04:14 | EXP | B/N
Partindo da idea do alfabeto coma unha serie de símbolos abstractos, coma unha representación visual da palabra falada, esta curta explora o ritmo acústico e visual da escritura á máquina. Poirier usa unha perspectiva aleatoria cara a animación, o que xera composicións intuitivas gobernadas pola sorpresa e o azar.
Moon Blink
Moon Blink
Rainer Kohlberger | 2015 | Alemaña | 10:00 | EXP | COL
Partindo da idea do alfabeto coma unha serie de símbolos abstractos, coma unha representación visual da palabra falada, esta curta explora o ritmo acústico e visual da escritura á máquina. Poirier usa unha perspectiva aleatoria cara a animación, o que xera composicións intuitivas gobernadas pola sorpresa e o azar.
- Título orixinal: Cando o son é imaxe
- Idioma orixinal: Varios