Curtocircuíto 2017 <br>F.J. Ossang 4

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2017 <br>F.J. Ossang 4

SÁBADO 7 DE OUTUBRO | 20:00 | 72 min

Retrospectiva - F.J. Ossang 4

L'affaire des divisions Morituri

O caso das divisións Morituri

F.J. Ossang | 1985 | Francia | 71:56 | FIC | COL

Para a súa primeira longametraxe, Ossang condensa todas as ideas ensaiadas nos seus primeiros traballos e abre unha fenda na evolución do seu posterior estilo cara a unha maior sofisticación. Estética punk, subversión política e elemento criminal, confrontación entre realidade e fantasía, e unha banda sonora de luxo (Cabaret Voltaire, Throbbing Gristle, Tuxedomoon): estas son as guías mestras para perpetrar un novo e decadente asalto aos canons do cinema clásico e, de paso, poñer en primeira plana a animadversión da mocidade contra o poder establecido, partindo do retrato de dous antiheroes xuvenís, membros da Facción do Exército Vermello ou banda Baader-Meinhoff.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2017 <br>F.J. Ossang 4
  • Idioma orixinal: Francés