
Curtocircuíto 2017 <br>Penínsulas
- Estrea
- VO
Curtocircuíto 2017 <br>Penínsulas
- Curtocircuíto 2017
- Estrea
MÉRCORES 4 DE OUTUBRO | 22:00 | 1h 34 min
PENÍNSULAS
Les vimos reír y creimos que era felicidad
Vímolos rir e cremos que era felicidade
Vermut | 2016 | España | 12:00 | FIC | COL
Unha comedia filosófica sobre a nada. Unha muller solitaria e un home frustrado tentan superar os seus medos nun mundo dominado polas telecomunicacións.
El canto de los estorninos
O canto dos estorniños
Jaime Puertas | 2017 | España | 29:35 | FIC, EXP | COL
Unha viaxe de ida, outra de volta. Unha ferida na cabeza. Un burro. As ovellas. A igrexa. Unha pota. O campanario. As candeas. O vento que sopra. A madrugada. A confusión. As rúas empedradas. Os pasos solitarios. Os paxaros que voan. Os espellos non correspondidos. Onde podemos atopar unha imaxe verdadeira nesta noite que entra?
The eternal virgin
A virxe eterna
Jorge Suárez-Quiñones Rivas | 2017 | Xapón | 15:06 | EXP | B/N
O entendemento do espazo-tempo doméstico e cíclico no cine de Ozu Yasujirō encárnase en Hara Setsuko, a Virxe eterna; muller, actriz, personaxe e mito que aparece constantemente soa no plano e é cómplice nun atentado contra o entendemento clásico do raccord.
Contact
Alessandro Novellu | 2017 | España | 07:45 | ANI | B/N
Entre a fantasía e a realidade, a conciencia dunha muller esperta a causa dunha viaxe interior que reflexa o mundo que a rodea.
L'abcdaire de l'amoureuse d'un photographe
O abecedario de estar namorada dun fotógrafo
Anahit Simonian | 2016 | Francia, España | 29:36 | DOC, EXP | COL
Como gravar unha palabra? Como oír unha fotografía? Como contar con só 26 palabras unha vida amorosa? Como meter no dicionario o que non nos cabe na vida? Anahit Simonian, fascinada polo universo onírico do fotógrafo francés Guillaume Poussou, colle unha cámara por vez primeira na súa vida e documenta os ritmos do proceso creativo e as melodías dunha reflexión sobre o latexar fotográfico: sístole para o motivo retratado, diástole para a súa sensación visual.
- Título orixinal: Curtocircuíto 2017 <br>Penínsulas
- Idioma orixinal: Varios




