
Curtocircuíto 2017 <br>Púlsar: Teddy Williams 2
- Estrea
- VOSE
Curtocircuíto 2017 <br>Púlsar: Teddy Williams 2
- Curtocircuíto 2017
- Estrea
SÁBADO 7 DE OUTUBRO | 22:00 | 97 min
PÚLSAR: Teddy Williams 2
El auge del humano
O auxe do humano
Teddy Williams | 2015 | Arxentina, Brasil, Portugal | 97 min | FIC | COL
En Bos Aires, Exe perde o seu triste traballo e xa non quere buscar outro. O seu barrio e os seus amigos parécenlle tan comúns coma descoñecidos. Por Internet, descubre a Alf, un rapaz de Mozambique que tamén ten un traballo triste. No seu devir, Alf tamén segue outro rapaz, Archie, que escapa á selva. No contexto exótico da vexetación, Archie segue o percorrido dunhas formigas ata o seu formigueiro. Unha das formigas sae e no seu percorrido atópase con Canh, un rapaz filipino que vai á súa cidade bela e descoñecida e que tamén ten un traballo triste. En Arxentina, Mozambique e Filipinas, tres mozos teñen traballos que os deprimen pero van abrindo as súas olladas cara outros elementos e puntos de vista dun mundo que antes non percibiran, abrindo as portas a un plano tan cotián coma máxico.
Estrea en Galicia
- Título orixinal: Curtocircuíto 2017 <br>Púlsar: Teddy Williams 2
- Idioma orixinal: Español, portugués, bisayo


