
Curtocircuíto 2017 <br>Sonic Lux
- Estrea
- VO
Curtocircuíto 2017 <br>Sonic Lux
- Curtocircuíto 2017
- Estrea
MÉRCORES 4 DE OUTUBRO | 20:00 | 69 min
SONIC LUX
The origin of the dreams
A orixe dos soños
Takashi Makino | 2016 | Xapón | 20:00 | EXP | COL
A orixe dos soños é unha experiencia do mundo real ou da nosa realidade. Penso que os soños son un collage da nosa memoria. Neste filme, tentei crear a mesma situación cos soños e o cine pero usando soamente materiais da natureza.
BLUEFILM2 ((in stasis))
Aaron Zeghers | 2012 | Canadá | 02:46 | EXP | COL
Unha meditación de hibernación creada coa impresora de contacto LED estroboscópica Franken Milne de 16mm.
Between regularity and irregularity
Entre a regularidade e a irregularidade
Masahiro Tsutani | 2012 | Xapón | 07:50 | EXP | COL
Por medio da improvisación e nunha conversa consigo mesmo, o director do filme experimenta unha visión caótica do mundo que lembra a posta en marcha das células do sistema nervioso, agrupando sons de convulsión. Imaxes con moitos detalles e cheas de luz sincroníanse co son. A natureza crea o brillo da luz e a beleza dunha forma que xace entre a regularidade a a irregularidade. Imaxes e sons cunha textura granulosa. Estas cousas chegan ás profundidades do cerebro.
20 Hz
Ruth Jarman, Joe Gerhardt | 2011 | Reino Unido | 05:00 | EXP | B/N
20 Hz amosa unha tormenta xeomagnética que ten lugar na parte superior da atmosfera terrestre. Cos datos recollidos polo conxunto de radio CARISMA e interpretados en forma de audio, oímos os asubíos e o retumbar causados polo vento solar que chega á Terra, captados a unha frecuencia de 20 Hz. Xeradas directamente polo son, formas tanxibles e esculturais emerxen e suxiren visualizacións científicas.
Samadhi
Jordan Belson | 1967 | EEUU | 05:10 | EXP | COL
Samadhi evoca o estado de éxtase acadado polo meditante onde a conciencia individual se fonde coa Universal. Belson engade: De forma xeral, trátase dunha obra de arte cinematográfica abstracta inspirada no ioga e no budismo, non dunha descrición ou explicación do Samadhi.
Papillon d’amour
Bolboreta de amor
Nicolas Provost | 2003 | Bélxica | 03:54 | EXP | B/N
Sometendo fragmentos da película Rashomon, de Akira Kurosawa, ao efecto espello, Provost crea unha escena alucinatoria sobre unha muller que pasa dunha crisálide a unha bolboreta que implosiona. Esta experiencia audiovisual física produce reflexos distorsionados sobre o amor, a súas atrocidades líricas e a desaparición.
Office suite
Suite de oficina
Robert Todd | 2007 | EEUU | 14:30 | EXP | COL
Esta escapada da oficina reflexa os ritmos da miña mente desde o amencer; viaxes de luz dentro e fóra da oficina en tres movementos: Pechamento interno con sombras e vapor (andante arriba, abaixo e lateral), Fantasía exterior desde o amencer (Allegro con cores en movemento) e Corredor (a fin do mundo).
Spacy
Colocado
Takashi Ito | 1981 | Xapón | 09:57 | EXP | COL
Conxunto de imaxes telescópicas dun pavillón deportivo pasadas a toda velocidade coas que viaxamos a través do propio edificio, do espazo e do tempo.
- Título orixinal: Curtocircuíto 2017 <br>Sonic Lux
- Idioma orixinal: Varios






