Curtocircuíto 2018 <br> Retrospectiva - Bertrand Mandico 4

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2018 <br> Retrospectiva - Bertrand Mandico 4

VENRES 5 DE OUTUBRO | 22:00 | 90 min 40 seg

Etienne Charry / Osmose
Bertrand Mandico | 2003 | 04:00 | Francia | VID | COL

Videoclip no que unha parella de namorados dá renda solta á súa paixón ao carón dunha lagoa con propiedades mutantes baixo a atenta mirada dun fado dos bosques.

A nosa señora das hormonas
(Notre dame des hormones)
Bertrand Mandico | 2014 | 21:23 | Francia | FIC | COL

Dúas actrices están ensaiando unha obra durante unha fin de semana nunha casa de campo. Mentres pasean polo bosque, unha atopa unha cousa estraña. A criatura convértese en obxecto de desexo para ambas mulleres, desesperadas por posuír a cousa. Pero o que non saben e que acaban de atopar A Nosa señora das Hormonas.

Cabaret prehistórico
(Prehistoric Cabaret)
Bertrand Mandico | 2013 | 09:31 | Francia | FIC | COL

Arnarstapi, Islandia. Nun Cabaret, unha muller mestra de cerimonias realiza o acto esotérico dunha colonoscopia cunha estraña cámara orgánica. As imaxes da cámara aparecen nunha pantalla detrás dela. A mestra de cerimonias ofrécenos unha viaxe polo centro dos seus órganos, para coñecer a unha criatura que vive dentro dela, dentro de todos nós... o ser orixinal. Durante esta viaxe, a audiencia entra nun estado de transo que alcanza o éxtase. Unha vez rematado o acto, a mestra de cerimonias é deixada de lado.

Queda algunha virxe viva?
(Y’a-t-il une vierge encore vivante?)
Bertrand Mandico | 2016 | 08:46 | Francia | FIC | COL

Segundo conta unha lenda, Xoana de Arco non morreu na fogueira, senón que se queimaron os seus ollos e a desflorou un semental inglés. Despois foi condenada a vagar polo campo de batalla como un animal preeiro que anda á procura de vida e tenta atopar aquelas virxes que queden vivas.

Ultra Pulpe
(Ultra Pulpe)
Bertrand Mandico | 2018 | 35:00 | Francia | FIC | COL

Un complexo turístico costeiro abandonado. A rodaxe dunha película fantástica sobre a fin dunha era remata. Dúas mulleres, ambas membros do equipo de rodaxe, unha actriz, a outra directora, APOCALYPSE e JOY, están na antesala de concluír a súa aventura amorosa. Para darlle a APOCALYPSE tempo para un último abrazo, JOY, a maior das dúas, recita 5 historias de solpores. Cinco historias de mulleres que non queren avellentar, 5 aventuras de ciencia ficción, vulgaridades, necrofilia e poesía. Cinco secuencias que fan referencia á rodaxe dunha película fantástica sobre a fin dunha era.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2018 <br> Retrospectiva - Bertrand Mandico 4
  • Idioma orixinal: Francés