Curtocircuíto 2018 <br> Penínsulas 2
- Estrea
- VO
Curtocircuíto 2018 <br> Penínsulas 2
- Curtocircuíto 2018
- Estrea
XOVES 4 DE OUTUBRO | 22:00 | 93 min 25 seg
Por riba de 592 metros
(592 Metroz Goiti)
Maddi Barber | 2018 | 24:30 | España | DOC | COL
Que posibilidades de vida quedan cando un territorio é completamente alterado? Nas ladeiras do Pirineo navarro, a construcción da présa de Itoiz na década de 1990 asolagou sete pobos e tres reservas naturais. [*Estrea en Galicia]
Tráiler
Porque o sal
(Porque la sal)
Cardozo Basteiro | 2018 | 23:00 | España | EXP, DOC | COL
Josefa, Pepe, Carmen, Manuel, Carmela, Ángeles, Juan, Loli, Susana e Pepita. Un retrato colectivo dunha comunidade creada polas necesidades da empresa. Xente unida polo sal, forxada polo tempo e sostida pola nostalxia. Porque la sal non é unha pregunta, é máis ben unha resposta. Un documental que aspira a ser un poema. [*Estrea en Galicia]
Canlobo (Lycisca)
Perrolobo (Lycisca)
Gerard Ortín | 2018 | 45:55 | España | EXP, DOC | COL
Hai algo profundamente orixinal acerca de esta película: a orixe da historia, a orixe das especies, a orixe da natureza, e incluso a orixe do cine. Porque, que máis se precisa para comezar unha historia á parte do ouvido nocturno dun lobo? A partires de este momento primitivo, todo é posible.
- Título orixinal: Curtocircuíto 2018 <br> Penínsulas 2
- Idioma orixinal: Español