Curtocircuíto 2018 <br> Terra - Xacio Baño

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2018 <br> Terra - Xacio Baño

MÉRCORES 3 DE OUTUBRO | 22:00 | 87 min 57 seg

Trote
(fragmentos)
Xacio Baño | 2018 | España | 05:00 | FIC | COL

Filla de. Irmá de. Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto con súa nai enferma e con seu pai, Ramón, co que apenas se comunica. Traballa nunha panadería e precisa escapar deste ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Trote transcorre durante a fin de semana na que se celebra a Rapa das bestas, a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar durante uns días coa súa parella, María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.

Sobre a palabra escrita
(WIP)
Xacio Baño | España | DOC, EXP | COL

Sobre as dúas pezas que conforman con Eco, unha triloxía da palabra escrita.

Eco
Xacio Baño | 2015 | 20:00 | España | DOC, FIC | COL

A Eco quitáronlle a voz e condenárona a repetir o que dicían os demais. Anulada, decide refuxiarse nunha cova e afastarse do trato humano.

Ser e voltar
Xacio Baño | 2014 | España | 13:00 | DOC, FIC | COL

Un novo (?) cineasta pasa un fin de semana na casa dos seus avós para facerlles un vídeo retrato para teños preto cando xa non estean. É simple: a súa avoa no campo e o seu avó no monte. Coloca a cámara e comeza a filmar. Diso vai o cine, non si?

Anacos
Xacio Baño | 2012 | España | 06:30 | FIC, EXP | COL

A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela coma a súa receita de biscoito.

Estereoscopía
Xacio Baño | 2011 | España | 11:00 | FIC, EXP | COL

Emilio vive só, refuxiado no anonimato dunha grande urbe. Un día ao ir traballar atropélano e perde a visión do ollo esquerdo. Os médicos transplántanlle o ollo doutra persoa e comeza a ver a vida do doador.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2018 <br> Terra - Xacio Baño
  • Idioma orixinal: Galego