Curtocircuíto 2020: Explora 1

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2020: Explora 1

Look Then Below
Ben Rivers | 2019 | 22:00 | Reino Unido | EXP | COR
O filme evoca os seres futuristas dunha arrepiante paisaxe cargada de fume e as profundidades da Terra. Look Then Below rodouse nas extensas e escuras pasaxes das covas de Wookey Hole, en Somerset. O inframundo de cavidades, escavadas na profundidade polo paso do tempo, albergou vestixios de civilizacións perdidas e agora presaxia un mundo futuro subterráneo, ocupado por unha especie que evolucionou desde o noso mundo e os seus desafíos ambientais. Terceira parte dunha triloxía de películas especulativas con textos escritos por Mark von Schlegell.

Da morte nace a vida
Adrián Canoura | 2019 | 12:55 | España | EXP | COR, B&N
A película forma parte do proxecto CINEGALICIA 2019, inspirado na película Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Extraendo os elementos máis místicos do filme, nunha viaxe entre o impresionismo e o expresionismo, recomponse un camiño a través do ritual de onde nace vida desde a morte.

Mikä aika on?
Niina Suominen | 2020 | 07:15 | Finlandia | ANI, EXP | COR, B&N
Que hora é? sitúa a experiencia do tempo no centro da contemplación. As figuras humanas actúan como puntos de referencia para a meditación sobre o paso e o final do tempo. A obra dános a oportunidade de reflexionar sobre a natureza transitoria do tempo e a relación do espectador coa época en conflito na que vivimos.

AQUAMARINE
Billy Roisz, Dieter Kovacic | 2019 | 05:00 | Austria | EXP | COR
Aquamarine (aguamarina) non só denota a tonalidade azul clara que todos coñecemos, senón o mineral no que se basea esta cor, o berilio. Traducido literalmente: a cor do mar. A película Aquamarine toma unha constelación de cor (azul verdosa), elementos marítimos, líquidos e, por suposto, minerais como punto de partida para combinalos nun equilibrio ondulante e tremoroso baseado no tema homónimo de MOPCUT.

A Month of Single Frames
Lynne Sachs | 2019 | 14:00 | EEUU | EXP, DOC | COR
En 1998, Barbara Hammer fixo unha residencia artística sen auga nin electricidade. En 2018, comezou o seu propio proceso cara á morte. Deulle o material resultado da residencia a Lynne Sachs, quen explorou a experiencia de soidade de Barbara. Lynne pon texto sobre a pantalla a modo de confrontación co cine somático, reuníndonos a todos en múltiples espazos e tempos.

Houses (for Margaret)
Luke Fowler | 2019 | 05:00 | Reino Unido | EXP | COR
Luke Fowler construíu este tributo á cineasta e poetisa escocesa Margaret Tait con motivo do seu centenario. Fowler viaxa ás Orcadas, as illas onde naceu Tait, para crear un rexistro da súa vida e obra a través de imaxes das súas antigas casas e localizacións das súas películas, fragmentos dos seus diarios de produción e o seu poema recitado “Houses”, no que reflexiona sobre o significado de fogar.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2020: Explora 1
  • Idioma orixinal: Varios idiomas