Curtocircuíto 2020: Explora 3

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2020: Explora 3

A Demonstration
Beny Wagner, Sasha Litvintseva | 2020 | 25:00 | Alemaña, Países Baixos, Reino Unido | EXP, DOC | COR
A Demonstration é unha película de monstros sen monstros. Inspirada na ciencia europea da Idade Moderna, o filme explora e reinterpreta unha forma de ver o mundo natural que resulta case imposible imaxinar desde o punto de vista actual. Os naturalistas da Idade Moderna guiábanse por unha lóxica na que as verdades científicas se descubrían mediante a analoxía visual.

Aggregate States of Matters
Rosa Barba | 2019 | 18:00 | Perú, Alemaña
Rodada nos Andes, Estados agregados de materias trata do crecente impacto do cambio climático nas zonas remotas. En esencia, o filme pivota ao redor da negociación ambivalente entre a idea binaria de natureza e cultura, oscilando dentro do discurso contemporáneo sobre o medio ambiente e as súas complexas capas a partir de enfoques científicos, filosóficos, espirituais e culturais. A obra mostra os límites difusos entre os axentes humanos e non humanos nas comunidades afectadas polo desxeo dos glaciares nos Andes. A partir dun diálogo extensivo coa poboación local, Barba traza unha imaxe crítica dun mundo no que o progreso deixou de ter sentido.

Thorax
Siegfried A. Fruhauf | 2019 | 08:00 | Austria | ANI, EXP | COR
Durante a produción de Thorax, tiven en mente a histórica obra Anémic Cinéma de Marcel Duchamp, o clásico do cine experimental de 1926. O “cine anémico” refírese directamente á máquina, o aparello sen sangue que está detrás do espazo cinemático da ilusión. Thorax volve introducir o organismo na proxección.

Kopierwerk
Stefanie Weberhofer | 2020 | 07:00 | Austria | EXP, DOC | B&N
O cine é unha máquina. Kopierwerk é proba diso, déixase levar por ritmos industriais e, deste xeito, negocia a era analóxica, cuxa fin supuxo tamén novos comezos, desviacións creativas: como complemento da cultura dixital de masas, acontecendo ante os nosos ollos, é un movemento liberado en gran parte da presión por xerar beneficio, unha revolución dun nicho de variedades en medios analóxicos.

Tik Tak
Michael Fleming | 2020 | 11:00 | Países Baixos | EXP | COR, B&N
O home está literalmente dividido en dous: ten consciencia do esplendor da súa propia singularidade, que lle vén dada polo feito de sobresaír da natureza con impoñente maxestosidade, e aínda así volve descender a dous metros baixo terra para podrecer, cego e mudo, e desaparecer para sempre. É esta unha circunstancia terrible na que se atopa e coa que ten que vivir.

Further radical
Stefano Canapa | 2020 | 07:00 | Francia | EXP | B&N
En A Radical Film, Canapa experimenta con finas chouchas de ravo negro sobre película virxe, unha referencia ás raíces do cine. Further Radical utiliza o mesmo material levado ao seu extremo lóxico nunha impresora óptica. Unha auténtica explosión de luz atravesa a escura emulsión fotoquímica.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2020: Explora 3
  • Idioma orixinal: Varios idiomas