Curtocircuíto 2021: Longas x Curto 3. Las cuatro esquinas y Madrid
- Estrea
- VO
Curtocircuíto 2021: Longas x Curto 3. Las cuatro esquinas y Madrid
- Curtocircuíto 2021
- Estrea
Creada en 2020, esta sección paralela está adicada a amosar algunhas das longametraxes máis interesantes do realizadas por autoras que o festival seguiu desde os seus inicios. Nesta decimoctava edición, Longas x Curto reúne tres apostas radicalmente diferentes de cineastas que abordan a ficción y o documental desde propostas incisivas e formalmente arriscadas. Desde a ficción histórica de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que relata as desventuras duns mariñeiros fuxidos coas velas de Colón nas Illas Canarias, ata o repaso punk (en fondo e forma) de Kikol Grau á escena musical dos últimos corenta anos á que aínda lle doen as cicatrices do franquismo; ou a ópera prima de Erin Vassilopoulos, un thriller psicolóxico que se move entre referencias velvetienas ao David Lynch ou unha stoner movie, e onde dúas irmás xemelgas mesturarán as súas vidas nunha viaxe estática ao interior dos seus medos; nunha sección que pecha Guillermo Benet, cunha longametraxe inspirada en aquela curta seleccionada en Curtocircuíto 2018, nun asfixiante formato cadrado que reconstrúe o recordo borroso dunha noite de desaloxos e disturbios para abordar temas como a lealtada, a pertenza de grupo e a verdade.
Las cuatro esquinas y Madrid
Kikol Grau | 2020 | 1:34:00 | España | DOC | COR
A historia do punk non pode ser explicada máis que como xurdiu: collendo o que se pode de entre os refugallos, neste caso de YouTube e a cultura de masas, nun exhaustivo percorrido por comunidades (Andalucía tamén, por suposto) que nos sacode, que nos revolve e que nos deixa coas pilas postas a base de golpes de guitarra e letras coma cuspidelas. Historia que Kikol Grau artella ao redor dunha sátira na que Poltergeist ou A guerra das galaxias serven de vudú fílmico para explicar estoutro gran vertedoiro que deu lugar ao punk: o que deixou o franquismo, este que a transición varreu baixo da alfombra.
- Título orixinal: Curtocircuíto 2021: Longas x Curto 3. Las cuatro esquinas y Madrid
- Ano: 2020
- Duración: 94 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Kikol Grau
- Guión: Kikol Grau
- Produtora: Made in Hell