Curtocircuíto 2021: Púlsar 3 | Caroline Poggi & Jonathan Vinel

  • Estrea
  • VOSE

Curtocircuíto 2021: Púlsar 3 | Caroline Poggi & Jonathan Vinel

SÁBADO 9 DE OUTUBRO — 19:45

Bébé Colére
Caroline Poggi & Jonathan Vinel | 2020 | 13:00 | Francia | ANI, EXP | COR
Un neno animado con CGI enfróntase á subxectividade moderna e aos problemas da perda da inocencia no mundo, ao mesmo tempo que fai da animación unha ferramenta sombriza para someter os sentimentos narrativos modernos á desesperación e á esperanza microdosificada. As rutinas baseadas na animación e no retrato doado da desolación organízanse estratexicamente como un sombrío dark toon.


Jessica forever
Caroline Poggi & Jonathan Vinel | 2018 | 01:37:00 | Francia | FIC | COR
Jessica é unha raíña, pero tamén podería ser un cabaleiro, unha nai, unha feiticeira, unha deusa ou unha estrela. Jessica é, sobre todo, a que salvou a todos eses nenos perdido; eses rapaces solitarios, orfos e perseguidos que nunca coñeceron o amor e que se converteron en monstros. Xuntos forman unha familia e buscan crear un mundo onde teñan o dereito de seguir vivos.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2021: Púlsar 3
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Caroline Poggi & Jonathan Vinel