Curtocircuíto 2016 <br>Retrospectiva: Sergei Loznitsa

  • Estrea

Curtocircuíto 2016 <br>Retrospectiva: Sergei Loznitsa

  • Estrea

XOVES 6 DE OUTUBRO | 22:00 | 74 min

SERGEI LOZNITSA 3

Sobytie

O evento

Sergei Loznitsa | 2015 | Países Baixos, Bélxica | 74 | DOC | B/N

En agosto de 1991, un intento de golpe de Estado errado (coñecido como Putsch), liderado por un grupo de comunistas acérrimos en Moscova, puxo fin aos 70 anos de goberno dos Soviets. A URSS derrubouse e as tres cores da soberana Federación de Rusia ondearon sobre o Kremlin. Cando os líderes golpistas detiveron a Gorbachov, as cadeas públicas de televisión e radio, usurpadas polas hordas de manifestantes progolpistas, reuníronse ao redor da Casa Branca de Moscova. Na cidade de Leningrado, multitudes asustadas, alteradas, confusas e desesperadas lanzáronse ás rúas para formar parte do evento, que supostamente ía cambiar os seus destinos. Un cuarto de século máis tarde, Sergei Loznitsa revisita os dramáticos momentos vividos en agosto de 1991.

SÁBADO 8 DE OUTUBRO | 20:00 | | 1h 12 min

SERGEI LOZNITSA 5

The Old Jewish Cemetery

 O vello cemiterio xudeu

Sergei Loznitsa | 2014 | Letonia, Países Baixos | 20' | DOC | B/N

O primeiro cemiterio xudeu construíuse en Riga en 1725, e alí seguiuse enterrando a xente ata finais da década de 1930. Tras a ocupación alemá de Riga en 1941, o cemiterio converteuse nunha fosa común para os máis de 1000 xudeus asasinados nas rúas e vivendas do Gueto de Riga. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial, usurpáronse moitas das laxas do cemiterio para seren utilizadas como material de construción. No sesenta, o lugar foi arrasado e pasou a denominarse «O Parque das Brigadas Comunistas». En 1992 rebautizouse como «O Antigo Cemiterio Xudeu». Actualmente, o parque, sito nun dos distritos máis pobres da cidade, coñecido comunmente como Maskachka (Markawa é a denominación letoa de Moscova) é un lugar frecuentado por gandulos bébedos, nenos da zona e turistas americanos. A película está dedicada á memoria dos xudeus de Riga.

Reflections

Reflexións

Sergei Loznitsa | 2014 | Francia, Bosnia-Herzegobina, Suiza, Italia, Portugal, Bulgaria, Alemaña | 17' | DOC | B/N

A película mostra a vida actual en Saraievo, como un reflexo a través do cristal das fotografías en branco e negro dos seus defensores, tomadas polo fotógrafo bosníaco Milomir Kovacevic durante o asedio da cidade en 1992.

O milagre de Santo Antonio

Sergei Loznitsa | 2012 | Portugal | 40' | DOC | COL

A mediados de xuño, o pobo de Santo Antonio de Mixoes da Serra, nunha rexión do norte de Portugal chamada Valdreu, honra o seu patrón cunha festa moi especial. Ese día, os granxeiros locais levan os seus animais —vacas, cabalos, cans, gatos, pitos, coellos— á igrexa para seren bendicidos. Esta antiga tradición transmítese de xeración en xeración, e, hoxe en día, do mesmo xeito que centos de anos atrás, persoas e animais soben en rabaño polas estradas da montaña ata a praza da igrexa, para participaren nesta festividade relixiosa. A película trata sobre este milagre.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2016 <br>Retrospectiva: Sergei Loznitsa