Terra | Tono Mejuto
- Estrea
- VO
Terra | Tono Mejuto
- Estrea
A 23ª edición do Festival Curtocircuíto inclúe unha sesión da sección Terra dedicada a Tono Mejuto. Nela haberá unha charla inicial e, ao remate, proxectanse as seguintes obras do artista coruñés.
Reliefs (Tono Mejuto, 2018)
Reliefs é unha película estereoscópica en tres capítulos arredor da cidade de Toronto. Filmada en 16 mm a modo de sinfonía da cidade e no marco da Residencia Artística Internacional de Creación Cinematográfica BAICC, propón un percorrido en tres niveis por esta cidade ao longo de varios días de inverno. Afastada da imaxe en 3D á que estamos afeitos, Reliefs achéganos a aquela experiencia iniciática do visor estereoscópico e ás súas postais da cidade.
Santa Clara. Nacimiento en tres fases (Tono Mejuto / Arturo Franco, 2024)
Esta é unha historia sobre a vida dun Mosteiro. O paso do tempo e as accións sufridas no lugar deixaron unha fonda pegada no edificio e a súa contorna. As feridas do pasado convidan a reflexionar sobre as marcas do tempo.
Unidade veciñal (Tono Mejuto, 2019)
Narra a vida nun edificio de vivendas sociais da Coruña a través do percorrido vertical pola súa sección. Filmada en 16 mm, o filme percorre consecutivamente os espazos e os salóns dun grupo de vivendas deste bloque do Barrio das Flores, proxectado polo arquitecto J. A. Corrales nos anos 60 e que máis tarde recibiu o Premio Nacional de Arquitectura.
Quiasma (Tono Mejuto, 2017)
Peza de cine-danza que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín para a súa obra la exforma. Filmada no Teatro Colón da Coruña en celuloide branco e negro de 16 mm, Quiasma indaga nos cruces entre as artes vivas e as artes visuais nun ámbito de investigación colectiva arredor das artes en movemento.
- Título orixinal: Terra | Tono Mejuto
- Ano: 2026
- Duración: 75 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Tono Mejuto