Danzas macabras, esqueletos e outras fantasías

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSG
Pase único 12 de outubro

Danzas macabras, esqueletos e outras fantasías

A danza macabra é un antigo xénero artístico, representación alegórica da morte como danzante esqueleto que nos lembra que os goces mundanos teñen o seu fin. Escoitar falar a Jean-Louis Schefer (escritor, filósofo, crítico e teórico de cinema) das danzas macabras, é sen dúbida un goce mundano, aquí envolto en paisaxes portuguesas, museos e abadías. E filmado por Rita Azevedo, que compón cada plano coma se fose un cadro, e editado por Pierre Léon, que pon en paralelo ás súas palabras un lúdico percorrido pola historia do cinema, das Silly  Simphonies a Renoir, Mizoguchi e Buñuel.

Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites na billeteira a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).

  • Título orixinal: Danses macabres, squelettes et autres fantaisies
  • Ano: 2019
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer
  • Guión: Pierre Léon
  • Participación: Rita Azevedo Gomes, Pierre Léon, Jean-Louis Schefer
  • Montaxe: Pierre Léon
  • Son: Francois Mereu, Benjamin Laurent
  • Fotografía: Acácio de Almeida
  • Produtora: Barberousse Films, Basilisco Filmes, Garidi Films
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
FIDMarseille 2019 (Mención especial do Gran Premio da competición francesa), Sevilla 2019 (Revolucións permanentes)