Dheepan

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Dheepan

  • Estrea
  • DCP2K

A guerra civil está nas últimas en Sri Lanka e a derrota xa se cheira. Dheepan decide fuxir. Vaise cunha muller e unha filla ás que non coñece, coa esperanza de acadar así de maneira máis doada asilo político en Europa. En chegando a París, a "familia" anda dun a outro fogar de acollida até Dheepan atopar traballo de porteiro un edificio do arrabaldo. Dheepan espera contruír unha vida nova e un fogar de verdade para a súa muller e a súa filla. Porén, a violencia cotiá da cidade esperta nel as feridas da guerra que aínda non pecharon. O soldado Dheepan ten que botar man dos seus instintos de guerra para protexer a que el quixera a súa familia "real".

  • Título orixinal: Dheepan
  • Ano: 2015
  • Duración: 109 minutos
  • Dirección: Jacques Audiard
  • Guión: Jacques Audiard, Thomas Bidegain, Noé Debré
  • Elenco: Vincent Rottiers, Marc Zinga, Jesuthasan Antonythasan, Franck Falise, Claudine Vinasithamby
  • Montaxe: Juliette Welfling
  • Dirección de arte: Héléna Klotz
  • Vestiario: Chattoune
  • Son: Daniel Sobrino, Avril Noviant,
  • Música: Nicolas Jaar
  • Fotografía: Éponine Momenceau
  • Produtora: Why Not Productions, Page 114 (Francia)
  • Distribuidora: Vértigo Films
Festival de Cannes 2015. Palma de Ouro