Dúo

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VO

Dúo

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP

Norte de Arxentina. Carnavais. Tras un ano na aldea coa súa nai, Mónica retoma un dúo de danza coa súa parella. Xuntos emprenderán unha xira pola cordilleira dos Andes, nun intento de salvar a relación aferrándose a unha promesa: "non deixarei de querer o queda de ti". Que fan ali? Actuar para que, para quen? Ninguén lles pediu estar alí. E porén alí están, illadas, á deriva, que foron buscar?

A distancia entre eles revela o irreal dun ahelo que xa no existe. A paisaxe, as mulleres do antiplano e a soidade profunda dun matrimonio mergullan a Mónica nunha mezcla de desexos, medos, ilusións, lembranzas e reflexións que a devolven á súa orixe, á súa aldea, á súa nai, outorgándolle a forza e o impulso para tomar o seu propio camiño. Amar, ás veces, quere dicir saber soltar. 

  • Título orixinal: Dúo
  • Ano: 2022
  • Duración: 107 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Meritxell Colell Aparicio
  • Guión: Meritxell Colell Aparicio
  • Elenco: Mónica García, Gonzalo Cunill
  • Montaxe: Ana Pfaff, Meritxell Colell Aparicio
  • Fotografía: Sol Lopatín
  • Distribuidora: Atalante
Málaga 2022 (Biznaga de Prata á Mellor Dirección da sección Zonazine), D'A Film Festival (Sección Oficial)