Ciclo realidades agochadas: Makun (No llores). Dibujos en un C.I.E.
- Estrea
- VO
Ciclo realidades agochadas: Makun (No llores). Dibujos en un C.I.E.
- Estrea
Os Centros de Internamento de Estranxeiros (C.I.E.s) en España son buracos negros para os Dereitos Humanos: sendo cárceres para persoas inocentes, que son encerradas sen cometer ningún delito, mantéñense ocultos á opinión pública, dificultando o acceso a xuíces, xornalistas e ONGs. MAKUN (NO LLORES) é un documental de animación que dá vida aos miles de debuxos atopados nas paredes dun C.I.E. canario, e que recolle o testemuño de tres persoas migrantes, para falar sobre soños e pesadelos (os caiucos, os C.I.E.s), arrolados pola nana que dá título á curta pero reclamando a necesidade de espertar e esixir o cumprimento dos Dereitos Humanos.
Coa presenza do director, Emilio Martí, e Thimbo Sam, unha das testemuñas do documental. Entrada gratuíta até completar aforo, podes reservar praza na nosa web ou na billeteira do cinema, máximo 2 convites por persoa.
Esta proxección forma parte do ciclo de cinema e migración Realidades agochadas, un proxecto desenvolvido por Eido Cultural e financiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
- Título orixinal: Makun (No llores). Dibujos en un C.I.E.
- Ano: 2019
- Duración: 30 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Emilio Martí
- Guión: Emilio Martí
- Elenco: Thimbo Samb, Vivian Ntih, Mor Diagne
- Montaxe: Emilio Martí
- Son: Arturo Arias López
- Música: Arturo Arias López, Arrop i Tallaetes