El sopar + Mudanza

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

El sopar + Mudanza

El sopar
Pere Portabella | 1974 - 2018 | 54 min

1974: O mesmo día da execución de Salvador Puig Antich, Pere Portabella roda El sopar, onde cinco presos políticos que cumpriron longas condenas intercambian as súas experiencias na prisión. 2018: Pere Portabella inclúe uns engados onde incorpora unha filmación a Oriol Arau, avogado de Puig Antich, rodada o 13 de novembro de 1974.

Mudanza
Pere Portabella | 2008 | 20 min

Mudanza responde a unha invitación do curator Hans Ulrich Obrist para intervir na Huerta de San Vicente, casa-museo da familia García-Lorca en Granada. É o resultado do proceso de desaloxo de mobles e obxectos, para que o visitante poida deambular sen obstáculos polos espazos cargados de sentidos e resonancias, entre o baleiro e o silencio do lugar, retidos pola memoria da experiencia e o nivel de esixencia do visitador-espectador. Potenciar e facer máis evidente e próxima a ausencia significativa, tanto emocional como histórica do poeta Federico García Lorca

  • Título orixinal: El sopar + Mudanza
  • Ano: 1974
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Pere Portabella