Emilie e o segredo da tormenta
- Estrea
- DCP2K
- +6
- VE
Emilie e o segredo da tormenta
- Petís NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- +6
Emilie, unha nena intrépida e sensible de oito anos, acaba de mudarse á montaña coa súa familia. O seu novo fogar encóntrase nun val tranquilo e frondoso, pero ultimamente parece que ocorre algo extraño: durante as tormentas eléctricas, todos os animais da vila sofren e enferman. Emilie sospeita que isto ten relación cos tronos e decide investigar o caso xunto a Manon, a súa veciña, a quen lle confesa unha habilidade secreta: as tormentas emiten unha música que só ela pode escoitar.
Unha aventura enigmática que esperta os sentidos e que nos invita a reconectar coas linguaxes da natureza e con aquilo que nos fai diferentes, acompañada de catro historias para celebrar a diversidade, a aceptación e a alegría de encontrar o propio lugar no mundo.
- Título orixinal: Le chant des orages
- Ano: 2026
- Duración: 48 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Caroline Attia
- Guión: Caroline Attia, Claire Sichez
- Música: Damien Deshayes
- Produtora: Sacrebleu Productions, TakeFive, Ciel de Paris
- Distribuidora: Rita y Luca Films