Encontros na terceira fase

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

Encontros na terceira fase

Unha noite, preto da súa casa, en Indiana, Roy Neary observa no ceo uns misteriosos obxectos voadores. Desde entón vive tan obsesionado por comprender o que viu que se distancia ata da súa esposa. Atopa apoio nunha muller que tamén foi testemuña dos mesmos feitos, e xuntos intentan atopar unha resposta ao misterio que alterou as súas vidas. Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de científicos internacionais comeza a investigar as aparicións de ovnis e outros estraños fenómenos na zona. 

Montaxe do director.

  • Título orixinal: Close Encounters of the Third Kind
  • Ano: 1977
  • Duración: 137 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Steven Spielberg
  • Guión: Steven Spielberg
  • Elenco: Richard Dreyfuss, Teri Garr, Melinda Dillon, François Truffaut
  • Montaxe: Michael Kahn
  • Dirección de arte: Daniel A. Lomino
  • Vestiario: James Linn
  • Música: John Williams
  • Fotografía: Vilmos Zsigmond
  • Produtora: Columbia Pictures, EMI Films, Phillips Productions
  • Distribuidora: Sony Pictures
Oscar 1977 (Premio a mellor fotografía)