L'enfer / Hell / O inferno
- Repertorio
- VOSE
Proximamente
L'enfer / Hell / O inferno
- Cineuropa 2026
- Repertorio
Nelly e Paul son unha parella feliz. Mentres el dirixe o fermoso hotel que acaba de mercar no campo, á beira dun lago, ela coida do fillo de ambos. Porén, os celos de Paul comezan a medrar ata converterse nunha obsesión que o leva a vixiar cada movemento da súa muller e a interpretar calquera xesto como unha proba de infidelidade. A medida que perde o control, a súa percepción da realidade distorsiónase e a vida da parella convértese nun inferno.
- Título orixinal: L'enfer
- Ano: 1994
- Duración: 102 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Claude Chabrol
- Guión: Claude Chabrol. Adaptación do guión orixinal de Henri-Georges Clouzot
- Elenco: Emmanuelle Béart, François Cluzet, Nathalie Cardone, André Wilms, Marc Lavoine
- Montaxe: Monique Fardoulis
- Fotografía: Bernard Zitzermann
- Produtora: Marin Karmitz