Entre nós

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE
Estrea 26 de febreiro

Entre nós

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Nina e Madeleine agocharon o seu amor durante décadas. Para todos, incluída a entrometida filla de Madeleine, elas son simplemente dúas boas veciñas que viven no mesmo andar. Porén, clandestinamente, Nina e Madeleine teñen unha vida en común que vai e vén libremente dun apartamento ao outro. Mais un suceso inesperado vai cambialo todo. O seu segredo non poderá manterse agochado moito tempo máis se desexan permanecer xuntas.

  • Título orixinal: Deux
  • Ano: 2019
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Filippo Meneghetti
  • Guión: Malysone Bovorasmy, Filippo Meneghetti, Florence Vignon
  • Elenco: Barbara Sukowa, Martine Chevallier, Léa Drucker, Jérôme Varanfrain, Daniel Trubert
  • Montaxe: Ronan Tronchot
  • Dirección de arte: Laurie Colson
  • Vestiario: Magdalena Labuz
  • Son: Céline Bodson
  • Música: Michele Menini
  • Fotografía: Aurélien Marra
  • Produtora: Paprika Films (Francia), Tarantula (Luxemburgo), Artemis Productions, VOO, BE TV, Shelter Prod (Bélxica)
  • Distribuidora: Karma Films
Oscar 2021 (Finalista a Mellor filme internacional), Globos de Ouro 2021 (Nomeado a Mellor filme de fala non inglesa), Ourense 2020 (Mellor Filme e Actriz), Toronto 2020 (Sección Oficial)