FAIA: Ao cabo leirín

  • Estrea
  • Dixital
  • VO

FAIA: Ao cabo leirín

  • Estrea
  • Dixital

Faia Díaz Novo  (De Vacas, Coro Encaixe, Apatacón) presenta na sala de cinema Ao cabo leirín nunha orixinal sesión de cinema para escoitar. A música do disco estará acompañada das videocreacións de Sara Traba. Ao cabo leirín é o título do primeiro disco de Faia. Trátase dun traballo gravado co Hevi (Malandrómeda, Fluzo) onde a cantora Faia Díaz explora e reivindica, cunha ollada moi persoal, os cantos tradicionais transmitidos polas mulleres. A portada e deseño do disco é obra de Roi Fernandez.

*A sesión do venres 5 de abril é de balde até completar aforo previa reserva no correo [email protected]

  • Título orixinal: FAIA: Ao cabo leirín
  • Ano: 2019
  • Duración: 24 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Faia Díaz Novo, Sara Traba
  • Música: FAIA