O Estranho Caso de Ezequiel

  • Estrea
  • HD
  • VOSE

O Estranho Caso de Ezequiel

Logo da repentina morte da súa esposa, Ezequiel vive triste e resignado á súa soidade. A súa rutina divídese entre as longas noites de insomnio e os días interminables. Un día, recibe na súa casa a visita dunha misteriosa criatura extraterrestre con forma humana que padece estrañas convulsións e pasa a hospedarse no seu fogar. A súa vida vólvese aínda máis estraña cando reaparece a súa falecida esposa, con quen renova a convivencia coma se nada pasase. Para Ezequiel, xa nada será igual; sen cuestionar as causas desas aparicións, séntese novamente feliz e desenvolve un forte vínculo cos seus novos hóspedes. É no mundo exterior á casa onde algúns veciños notan que algo estraño está a suceder, xerándose unha contraposición entre o mundo real e o fantástico sostida polos tres personaxes.

  • Título orixinal: O Estranho Caso de Ezequiel
  • Ano: 2016
  • Duración: 71 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Guto Parente
  • Guión: Guto Parente
  • Elenco: Euzébio Zloccowick, Nataly Rocha, Caio Dias, Armando Praça, Irene Bandeira
  • Montaxe: Ricardo Pretti
  • Fotografía: Filipe Acácio
  • Produtora: Ticiana Augusto Lima (Brasil)