Ex Libris: The New York Public Library
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Ex Libris: The New York Public Library
- Cineuropa 2017
- Estrea
- DCP2K
O máis grande documentalista vivo, o case nonaxenario Frederick Wiseman, non dá mostras de cansazo creativo. Tras as cenitais In Jackson Heights e National Gallery, proponnos unha reivindicación dunha gran biblioteca pública como un espazo de civismo e de respecto cara o outro, indisociable da hostilidade e crispación que se instalou en Norteamérica. Desde a súa óptica de gran angular, Wiseman compón unha sinfonía de puntos de vista, de intervencións de figuras relevantes da (contra)cultura ou de usuarios do montón da institución. E dese precioso magma rexorde a New York Public Library como oasis veraz de liberdade nun país polucionado polo populismo zafio, o odio, os fakes e a necia post-verdade.
- Título orixinal: Ex Libris: The New York Public Library
- Ano: 2017
- Duración: 191 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Frederick Wiseman
- Fotografía: John Davey
- Produtora: Zipporah Films (Estados Unidos)