Exiliada
- Estrea
- DCP2K
- VO
Exiliada
- Estrea
- DCP2K
Este documental explora a vida de Zoilamérica Ortega Murillo, filla adoptiva de Daniel Ortega, líder da revolución sandinista e actual presidente de Nicaragua. Segue a vida de Zoilamérica como supervivinte de abuso sexual, 20 anos despois da acusación pública a Ortega de violación. O filme é narrado en primeira persoa e revela o impacto da denuncia na súa vida e na do seu fillo de nove anos, desenvolvéndose en dous momentos no tempo, o pasado, con imaxes de arquivo, da época en que se fixo a acusación en 1998, e o presente, en 2016, despois de que Zoilamérica é forzada a vivir no exilio en Costa Rica.
*Sesión organizada por Solidariedade Internacional de Galicia
- Título orixinal: Exiliada
- Ano: 2019
- Duración: 24 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Leonor Zúniga
- Guión: Leonor Zúniga
- Montaxe: Leonor Zúniga, José “Chisco” Arce
- Son: Priscilla González, Camilo de Castro
- Distribuidora: Cinema Regional