Expedition Content

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Expedition Content

Expedition content é un documental de arquivo, predominantemente sonoro, sobre a relación entre exploradores estadounidenses e nativos de Hubula, en Papúa Nova Guinea, tendo como personaxe fundamental a Michael Rockefeller, neto do magnate petroleiro John D. Rockefeller.

En 1965, o cineasta Robert Gardner realizou Dead Birds, documental no que rexistraba distintos rituais dos Hubula. Naquel contexto, Michael Rockefeller recolleu sons e imaxes que Karel e Kusumaryati rescatan para compor unha experiencia radical, na que o visual se suspende ante as paisaxes sonoras rexistradas por Rockefeller, situándonos no seu punto de vista como suxeito colonizador e ser humano. Documental producido no seo do Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard.

Proxección incluída no WOS Festival X Son Estrella Galicia 2023

  • Título orixinal: Expedition Content
  • Ano: 2020
  • Duración: 78 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Ernst Karel, Veronika Kusumaryati
  • Guión: Ernst Karel, Veronika Kusumaryati
  • Montaxe: Ernst Karel
  • Fotografía: Ernst Karel
  • Produtora: Harvard Sensory Ethnography Lab