Fascinación

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Fascinación

Michael Courtland (Cliff Robertson), un importante home de negocios de Nova Orleáns, perde a súa muller Elizabeth (Genevieve Bujoid) e a súa filla de nove anos no fatal desenlace dun tráxico secuestro. Moitos anos despois, durante unha viaxe por Italia cun socio seu (John Lithgow), queda fascinado ao coñecer a Sandra, unha moza que é o vivo retrato da súa muller.

Un thriller psicolóxico co que Brian de Palma á dirección, Paul Schrader no guión e Bernard Herrmann coa súa música renderon o seu particular tributo a Vertigo.

  • Título orixinal: Obsession
  • Ano: 1976
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Brian De Palma
  • Guión: Paul Schrader
  • Elenco: Cliff Robertson, Geneviève Bujold, John Lithgow, Don Hood, Wanda Blackman
  • Montaxe: Paul Hirsch
  • Dirección de arte: Jack Senter
  • Vestiario: Frank Balchus
  • Son: David Ronne, Dan Sable
  • Música: Bernard Herrmann
  • Fotografía: Vilmos Zsigmond
  • Produtora: Columbia Pictures (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Classic Films
Oscar 1976 (Nomeado a mellor banda sonora)