Fátima

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Fátima

En maio do 2016, un grupo de once mulleres parte da vila de Vinhais, ao norte de Portugal, en romaría cara ao Santuario de Fátima. Ao longo de nove días e de máis de 400 quilómetros, atravesan medio país para cumpriren as súas promesas, mais o esgotamento, a choiva e as diferenzas de opinión causarán constantes tensións entre elas. Mesturando realidade e ficción, o filme baséase na improvisación do seu elenco feminino para contar unha historia de fe, sufrimento físico e redención. Fátima céntrase sobre todo na dinámica das súas protagonistas, que teñen cadansúa motivación e bagaxe espiritual ao se embarcaren na viaxe.

  • Título orixinal: Fátima
  • Ano: 2017
  • Duración: 153 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: João Canijo
  • Guión: João Canijo
  • Elenco: Teresa Tavares, Cléia Almeida, Vera Barreto, Rita Blanco, Márcia Breia, Ana Bustorff, Irís Macedo
  • Montaxe: João Braz
  • Fotografía: Mário Castanheira
  • Produtora: Midas Filmes, Les Films de l'Après-midi
Premio á mellor actriz nos Premios Sofia da Academia Portuguesa 2017