The Flowers Stand Silently, Witnessing + Foragers

  • Estrea
  • HD
  • VOSE
Pase único 2 de novembro

The Flowers Stand Silently, Witnessing + Foragers

Por terceiro ano consecutivo, no Cinema NUMAX seremos sede dos Palestine Cinema Days, unha iniciativa internacional posta en marcha en solidariedade co festival do mesmo nome que non pode celebrarse en terras palestinas desde outubro de 2023. A sesión terá lugar o luns 2 de novembro, nun acto presentado por Mª Soliña Barreiro, profesora de Comunicación Audiovisual e colaboradora da iniciativa. A entrada é gratuíta até completar aforo. As dúas pezas seleccionadas este ano son:

The Flowers Stand Silently, Witnessing
Theo Panagopoulos | Reino Unido | 17 min
Cando un cineasta palestino afincado en Escocia descobre un arquivo fílmico escocés, raramente visto, que mostra flores silvestres palestinas, decide recuperar o material. Este conmovedor ensaio cinematográfico cuestiona o papel da creación de imaxes como ferramenta tanto de testemuño como de violencia en relación cos complexos vínculos entre as persoas e a terra.

Foragers
Jumana Manna | Palestina | 65 min
Como alimentar a familia cando vives nun territorio ocupado e as leis prohíben recolectar alimentos que medran de maneira salvaxe no campo? Este é o drama que vive unha comunidade palestina que día a día se interna clandestinamente na espesura, sorteando as forzas de seguridad israelís.

  • Título orixinal: The Flowers Stand Silently, Witnessing + Foragers
  • Ano: 2022
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe