Foco Marc Hurtado

  • Repertorio
  • HD
  • VO

Foco Marc Hurtado

  • Repertorio
  • HD

Comisariado e presentado pola responsábel de programación de cinema de vangarda da Cinémathèque française, Nicole Brenez, presentamos o Foco Marc Hurtado, composto por tres curtametraxes asinadas por un dos principais creadores da escena musical de vangarda na Francia dos anos 70.

Bleu (1994, 32 min, 8mm transferido a dixital)

No azul do ceo / No fondo do meu ventre / No azul da miña alma / No fondo do ceo / Atopeino / Á fin atopeino / O amor / O amor / O amor / O amor (M.H.)

Blanche (1995, 32 min, 8mm transferido a dixital)

Bágoa secreta / Branca secreta / Lingua secreta / A alma secreta (M.F.)

Saturn Drive Duplex Redux (2014, 4 min, dixital)

«Non estou interesado pola idea da expresión senón máis ben pola de impresión, unha desintegración do meu ser no corpo do filme, a luz, os elementos, os homes, a natureza, o alento. (M.H.)»

  • Título orixinal: Foco Marc Hurtado
  • Idioma orixinal: Sen diálogos
  • Dirección: Marc Hurtado