Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo

A Òpera Mouffe
L'opéra-mouffe | Agnès Varda | 1958 | 16 min
A Opéra-Mouffe é o caderno de apuntamentos dunha muller embarazada no barrio de Mouffe (rue Mouffetard, en París). O mercado, os vagabundos e os borrachos. Imaxes onde quizais se sinta a tenrura de quen mira e filma ás persoas.

Ola, cubanos
Salut les cubains | Agnès Varda | 1963 | 30 min
Catro anos despois da chegada de Fidel Castro, Agnès trouxo 1.800 fotos de Cuba o que fai deste un documental educativo e entretido, Ola cubanos!

Black Panthers
Black Panthers | Agnès Varda | 1968 | 30 min
Documental do ano 1968 que parte do arresto de Huey Newton, un dos fundadores das Black Panthers, tras o suposto asasinato dun policía. O filme céntrase nas protestas que congregaron a máis de 5000 persoas, nas que se produciron durísimos enfrontamentos entre a policía e os manifestantes.

Respostas de mulleres: o noso corpo, o noso sexo.
Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe | Agnès Varda | 1975 | 8 min
En 1975, o programa "F come femme" da canle televisiva francesa Antenne 2, lanza ao público a pregunta: Que é ser muller? Sete directoras esbozan unha resposta. "Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe" é a resposta de Varda: unha curtametraxe de agit-prop (ou cine panfleto) que enfronta á sociedade patriarcal a través das testemuñas de múltiples mulleres.

  • Título orixinal: Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Produtora: Ciné Tamaris