Foi a man de Deus
- Estrea
- DCP2K
- +16
- VOSE
Foi a man de Deus
- Estrea
- DCP2K
- +16
O oscarizado guionista e director Paolo Sorrentino presenta a historia dun mozo, Fabietto Schisa (Filippo Scotti), no turbulento Nápoles dos anos oitenta. En Foi a man de Deus, hai lugar para alegres sorpresas, como a chegada do lendario futbolista Diego Maradona, e para unha traxedia igual de imprevista. O destino interpreta o seu papel, a ledicia e a desgraza entrelázanse e o futuro de Fabietto bota a rodar. Sorrentino volve á cidade que o viu nacer para contar a súa historia máis persoal: un relato sobre o destino e a familia, os deportes e o cinema, o amor e a perda.
- Título orixinal: È stata la mano di Dio
- Ano: 2021
- Duración: 130 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Paolo Sorrentino
- Guión: Paolo Sorrentino
- Elenco: Filippo Scotti, Toni Servillo, Luisa Ranieri, Teresa Saponangelo, Marlon Joubert, Lino Musella, Renato Carpentieri, Sofya Gershevich, Enzo Decaro, Massimiliano Gallo, Elisabetta Pedrazzi, Ciro Capano, Biagio Manna
- Montaxe: Cristiano Travaglioli
- Dirección de arte: Saverio Sammali
- Vestiario: Mariano Tufano
- Son: Emanuele Cecere
- Música: Lele Marchitelli
- Fotografía: Daria D'Antonio
- Produtora: The Apartment, Netflix (Italia-EEUU)
- Distribuidora: Netflix
Venecia 2021 (Gran Premio do Xurado e Mellor actor emerxente)