Francisca
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSG
Francisca
- Estrea
- DCP2K
- +12
Francisca, de Manoel de Oliveira, retrato dunha historia de amor obsesiva, está baseada nunha novela de Agustina Bessa-Luís, cuxa obra adaptaría en máis ocasións no futuro. O libro narraba unha pasaxe problemática na vida real do autor Camilo Castelo Branco na que o seu amigo José Augusto se embarcaba nun xogo conxugal perverso do gato e o rato con Francisca, a muller que amaba o novelista. Esta historia levou a Oliveira a imaxinar novos niveis de forma e estilo; tamén axudou que a súa esposa, parente lonxana da histórica Francisca, lle dese acceso ás súas cartas.
Coas súas elaboradas tarxetas de título, a súa abundancia de planos nos que a acción se orienta directamente á cámara, os seus lúgubres interiores e os seus espectaculares escenarios de gala, Francisca é unha experiencia cinematográfica esixente, suntuosa e absolutamente inimitable, e un dos logros máis importantes de Oliveira. Francisca estreouse en 1981, participando na Quincena de Directores de Cannes. A nova restauración dixital 4K da Cinemateca Portuguesa estrouse no 76 Festival de Cinema de Venecia en 2019.
O pase do sábado 29 ás 18:30 contará con presentación da catedrática e cineasta Margarita Ledo
- Título orixinal: Francisca
- Ano: 1981
- Duración: 166 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Manoel de Oliveira
- Guión: Manoel de Oliveira. Novela: Agustina Bessa-Luís
- Elenco: Teresa Menezes, Diogo Dória, Mário Barroso, Manuela de Freitas, Rui Mendes, Francisco Brás, Isabel de Castro, Duarte de Almeida, Nuno Carinhas, Alexandre Brandão de Melo
- Montaxe: Monique Rutler
- Dirección de arte: Zé Branco
- Vestiario: Rita Azevedo Gomes
- Son: Jean-Paul Mugel
- Música: João Paes
- Fotografía: Elso Roque
- Produtora: V.O. Filmes
- Distribuidora: Atalante