Grazas a Deus
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
Grazas a Deus
- Estrea
- DCP2K
- +12
Alexandre vive en Lyon coa súa muller e fillos. Por casualidade, decátase de que o sacerdote que abusou del cando era un boy scout segue a traballar con nenos. Lánzase a un combate ao que se unen François e Emmanuel, outras vítimas do sacerdote, co fin de se liberar dos seus sufrimentos a través da palabra. Pero as repercusións e consecuencias dos seus testemuños non han deixar a ninguén indemne. Baseado no caso real de Bernard Preynat, sacerdote da Diócese de Lyon, acusado en 2016 de abusar sexualmente de decenas de crianzas.
- Título orixinal: Grâce à Dieu
- Ano: 2019
- Duración: 137 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: François Ozon
- Guión: François Ozon
- Elenco: Melvil Poupaud, Denis Menochet, Swann Arlaud, Eric Caravaca, François Marthouret, Bernard Verley, Josiane Balasko, Hélène Vincent, François Chattot
- Montaxe: Laure Gardette
- Dirección de arte: Philippe Cord'homme
- Vestiario: Pascaline Chavanne
- Son: Brigitte Taillandier
- Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine
- Fotografía: Manuel Dacosse
- Produtora: Mandarin Production, Scope Pictures (Francia)
- Distribuidora: Golem Distribución
Berlinale 2019 (Gran Premio do Xurado)